Saltar ao contido

Pedro Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Pedro Costa Musté (Barcelona, 1941-Torrelodones, 2016 ), guionista, produtor e director de cine e televisión catalán.
Modelo:BiografíaPedro Costa

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, director de fotografía, montador, guionista, deseñador de iluminación Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTokyo Zokei University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalVentura (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0182276 Allocine: 16311 Allmovie: p86019 BNE: XX5166795 Editar o valor en Wikidata

Pedro Costa, nado en Lisboa o 3 de marzo de 1959, é un director de cine portugués, coñecido como un innovador na área do cine experimental e docu-ficción. Emprega como ferramentas básicas de gravación as cámaras lixeiras de vídeo dixital. As súas planificacións estéticas recollen os principios do denominado cine directo. Está considerado como o herdeiro dos documentais en 16 mm do grupo Novo cinema portugués.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pedro Costa é fillo do xornalista e realizador de televisión Luís Filipe Costa. Abandonou os seus estudos de historia na Universidade de Lisboa para ingresar na Escola Superior de Teatro e Cinema.

Logo de traballar como axudante de dirección para varios directores -como Jorge Silva Melo e João Botelho-, fixo o súa primeira longametraxe Ou Sangue (O sangue) en 1989. Pertence, como Teresa Villaverde, á xeración xurdida nos anos 90 do século XX.

A obra de Pedro Costa continúa a tarefa iniciada en Portugal por Manoel de Oliveira e António Campos, na que o cine inspírase no concepto antropoloxía visual, tradición tamén explorada por cineastas como António Reis e Ricardo Costa, quen utilizan a docu-ficción.

Moitas das súas películas están feitas nun barrio de Lisboa habitado por persoas marxinadas onde grava en ambientes reais -sen ningún tipo de decorado- nun ton narrativo que se achega aos documentais. Pero traballa coa sensibilidade, preto da ficción, quere lograr imaxes-sentimentos (citou, entre outros, a Renoir ou Mizoguchi). É famoso polo seu estilo ascético para describir ás situacións de desesperación que sofren os pobres e marxinados, sen ser sociolóxico. Non é de estrañar que fixese a película Onde jaz o teu sorriso? (2001), un documental sobre Danièle Huillet e Jean-Marie Straub.

Xa con No Quarto da Vanda (2000), logrou unha nova modernidade expresiva, que resultou rubricada con Juventude em Marcha (2006): en ambos filmes a imaxe dixital remitíase aos grandes mestres do clarescuro e removía toda a poética do realismo precedente.

A súa recente película Ne change rien, documental rodado en Portugal e Francia, céntrase nunha cantante que vive entre ensaios e gravacións nun ático, por unha banda, e no escenario dun café.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Génesis en claroscuro", artigo en El País, 11 de xuño de 2010 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]